01/03/2026

Visita de ORBIL!

Este venres 27 de febreiro recibimos, na nosa bibliotaeca, a visita de ORBIL, a mascota do Salón do Libro. Unha visita que todo o alumnado recibe con ledicia e emoción!










 A  piques de comenzar a súa XXVII edición, este ano adicado á música, co lema:

QUE NON PARE A MÚSICA !

Deixámosvos o enlace ao programa cheo de actividades para todas as idades: https://www.salondolibro.gal/programa-eventos/



Roteiro María Victoria Moreno e Castelao

 A semana pasada, o alumnado de 3º e 4ºde Primaria percorreu as rúas de Pontevedra para  coñecer mellor a vida e obra de María Victoria Moreno, unha muller que, aínda nacendo fóra de Galicia, escolleu o galego como lingua para escribir e ensinar. No ano 2018 dedicóuselle o Día das Letras galegas pola súa importante contribución á literatura infantil e xuvenil en galego e pola seu compromiso coa lingua galega.

                                    


Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de primaria afondaron na figura de Castelao: escritor, debuxante e político defensor de Galicia. Ao longo do percorrido descubriron que non só escribía, senón que tamén expresaba as súas ideas a través do debuxo e do humor, como poideron observar na Aula Castelao do Museo de Pontevedra.

           



Estas camiñadas non foron só unha actividade ao aire libre, foron unha maneira diferente de aprender, compartir e sentir a nosa cultura.

Parabéns ao alumnado polo seu interese e comportamento exemplar!!

Visita de ORBIL!

Este venres 27 de febreiro recibimos, na nosa bibliotaeca, a visita de ORBIL , a mascota do Salón do Libro. Unha visita que todo o alumnado ...