19/12/2025

Festa de Nadal 2025

Hoxe celebramos a Festa de Nadal , unha xornada chea de ilusión, música e  tradición.

A  celebración comezou coas badaladas, que marcaron simbólicamente a chegada do Nadal. Cos vasos de gusanitos, alumnado e profesorado participamos con entusiasmo, dese momento tan esperado. Despois  chegou o momento máis saboroso da mañá: a merenda  de Nadal que todos e todas desfrutamos e compartimos no patio, nun día que o tempo nos acompañou cun sol espléndido.

A continuación , no ximnasio, recibimos con entusiasmo a visita dos Reis Magos, que nos acompañaron no concerto de panxoliñas que todo o alumnado cantou con verdadeiro entusiasmo e ledicia.

Finalmente, un por un fomos saudando ás súas Maxestades, e deixando as  cartas  no buzón coas nosas peticións. Os Reis Magos obsequiaron  a todo o alumnado cun agasallo.











Grazas a todo o alumnado, profesorado, familias  e ANPA por facer posible un día tan especial e fermoso.

BO NADAL E FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!




18/12/2025

Tempo de Nadal

 Achégase o Nadal e o colexio engalánase para celebralo. Mírade que fermoso loce: Ríos con mensaxes para o novo ano, luces que nos alumean, elfos que fan trasnadas, o Belén na entrada, a árbore de Nadal con cancións favoritas... e o cartaz da nosa FESTA !!!


                
         





            

Só quedan unhas horas para o gran día !!!

15/12/2025

Recomendacións lectoras para o Nadal !!

 Neste Nadal, un libro é a mellor melodía !!!

LER É POÑERLLE MÚSICA Á IMAXINACIÓN!

Cantamos panxoliñas

O Nadal soa a música!!! 

 Cantando xuntos celebramos a tradición, a festa e a ilusión destes días tan especiais. 

Deixámosvos estas dúas panxoliñas que imos cantar na festa do colexio para que as cantedes con moita alegría e compartades cos vosos familiares.



Anímate e canta moito por Nadal !!!


Somos noticia con Voz Natura

 O CEIP de Marcón entre os centros destacados polo seu traballo e implicación no Programa Voz Narura.

Deixamos o enlace á noticia , fai click na imaxe: 







                           PARABÉNS!!!!




12/12/2025

Remata o outono!!!

Os nenos e nanas de 5º de infantil exploran medidas e tamaños no remate do outono. Ollade que maravilla!!!







           
                                         

 Neste caso, vale máis unha imaxe que mil palabras . Parabéns !!!


11/12/2025

Visita a Radio Pontevedra

O pasado 4 de novembro, o alumnado de 3º e 5º de primaria visitaron as instalacións de Radio Pontevedra. Alí, amosáronlles as diferentes seccións onde se preparan as novas que logo serán emitidas: a redacción, as cabinas de control de son, a sala de conexión e o estudio de radio. 

Os xornalistas aprendéronlles técnicas de respiración para facer un bo uso da súa voz e como colocarse correctamente diante do micrófono. Gravaron cuñas publicitarias que resultaron moi divertidas. Cando comezou o programa en directo "Hoy por hoy Pontevedra" o alumnado que quixo participou lendo os teléfonos  para chamar e facendo preguntas na entrevista do doutor Pedro Cabrera. Gozaron moito e quedaron con moi bo sabor de boca.

A quen lle interese escoitar a gravación  pode facelo entrando en Radio Pontevedra no podcast "Hoy por hoy Pontevedra".

Semella que en Marcón hai madeira de reporteiros!!!


              

                         



Grazas a Radio Pontevedra por recibirnos con tanto agarimo!














Festa de Nadal 2025

Hoxe celebramos a Festa de Nadal , unha xornada chea de ilusión, música e  tradición. A  celebración comezou coas badaladas, que marcaron si...