CURSO 2024/25
1º TRIMESTRE
Hoxe, 28 de outubro, arrancamos o Club de lectura "Os esquíos Carabolos". Nesta ocasión, presentamos o Club e repartimos uns cadernos onde tomaremos notas referentes ao libro que estemos lendo. Asimesmo, falamos sobre as actividades que faremos e de como encamiñaremos o Club.
Luns,11 de novembro de 2024.
"Os esquíos Carabolos" xuntámonos para charlar sobre os primeiros capítulos de "Matilda".
O luns 16 de decembro rematamos a lectura de Matilda, o libro escollido para este primer trimestre. Para celebralo, todos xuntos fomos ao cine, o mércores 18 de decembro, a ver "Vaiana 2".
Un remate de trimestre que nos gustou moito!!
BOOKTRAILER "MATILDA"
2º TRIMESTRE
"Os esquíos Carabolos" xa temos unha nova lectura: "Filla das ondas" da escritora pontevedresa Fina Casalderrey, editado por Kalandraka.
Neste segundo trimestre lemos tamén "Charlotte", escrito por Consuelo Vercher (veciña de Marcón) coa que teremos un encontro literario no Salón do libro o mércores 26 de marzo ás 19:00H.
Onte "Os esquíos Carabolos" tivemos un encontro FANTASTICOSO coa autora de "Charlotte" Consuelo Vercher, e coa traductora Tamara Andrés, na sala VIP do Salón do libro.
Con elas poidemos falar sobre o traballo de escribir, traducir e, como non, desta fermosísima historia na boca dunha nena de case sete anos (242 días) e da súa ollada ao mundo, sen prexuizos "eu guíome polo corazón".
Unha historia de AMOR, sobre a familia, a solidariedade, a multiculturalidade e a descuberta da tristeza ( "ausencia").
Os nosos agradecementos a Consuelo e Tamara por compartir o tempo con nós e pasar unha tarde XENIALOSA. Tamén queremos dasr as grazas á organización do Salón do libro, en especial a Eva Mejuto, por facer que este encontro fose posible.
(Eva Mejuto facendo a presentación)
Antes da charla, estivemos un ratiño gozando no Salón das súas lecturas e dos recunchos de cine tan fantásticos. Unha tarde moi divertida!!
Este luns, 2 de xuño,"Os esquíos Carabolos" fixemos a última xuntanza do Club no colexio. Nela fixemos balance do curso, o que máis nos gustou, as lecturas escollidas, os Encontros cos autores ,ilustradores, traductores, as actividades lúdicas... Rematamos a xuntanza xogando para celebralo!!


Encontro con Fina Casalderrey e Xosé Cobas, na sala Nemonon, onde a editorial Kalandraka ten aberta unha exposición coas ilustracións orixinais ata o día 27 de xuño, para falar do libro "Filla das Ondas". Un Encontro que nos aportou moito!!
Xuntámonos para falar do encontro con Consuelo e Tamara na zona verde da biblioteca. A valoración foi moi positiva por parte de todos e todas!!
3º TRIMESTRE
Rematamos a lectura do libro "Filla das ondas" editado por Kalandraka, un libro no que Fina Casalderrey nos achega á historia e ao patrimonio de Pontevedra a través da mirada de Mariña e Froiaz, os rapaces protagonistas. Un álbum que conta coas ilustracións de Xosé Cobas, que recrea de xeito maxistral os diferentes espazos e arquitecturas da cidade.
Este luns, 2 de xuño,"Os esquíos Carabolos" fixemos a última xuntanza do Club no colexio. Nela fixemos balance do curso, o que máis nos gustou, as lecturas escollidas, os Encontros cos autores ,ilustradores, traductores, as actividades lúdicas... Rematamos a xuntanza xogando para celebralo!!


Encontro con Fina Casalderrey e Xosé Cobas, na sala Nemonon, onde a editorial Kalandraka ten aberta unha exposición coas ilustracións orixinais ata o día 27 de xuño, para falar do libro "Filla das Ondas". Un Encontro que nos aportou moito!!
Rematamos todas as actividades do Club o venres 11 de xuño cun roteiro "Filla das Ondas" por Pontevedra.
Deixamos unhas fotos pola "boa vila", unha actividade que recomendamos.
O vindeiro luns, día 23, a editorial Kalandraka realizará esta actividede ás 19.00 h. con Fina Casalderrey e Xosé Cobas con saída desde a Praza da Peregrina.
Poidemos subir ata o campanario de Santa María e desde alí contemplar a zona vella e escoitar en "vivo e directo" as badaladas das sete da tarde.
Grazas por este curso tan maravilloso, moita sorte na vosa nova andaina!!
GÚSTANOS LER!!
Gudstoume moito o libro de "Matilda", pareceume moi entretido
ResponderEliminarO libro de Matida é moi divertido. Recoméndoo!
ResponderEliminar