Familias!!! Precisamos a vosa colaboración!!!
Xa está aquí o I Concurso de Diseño da portada da axenda escolar 2023-2024!!!☺
Estas son as bases para participar:
Ánimo coas vosas propostas!!!
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
O 17 de maio é unha data marcada no calendario para todos os galegos e galegas. É o momento de homenaxear a nosa lingua e a nosa literatura. É o Día das Letras Galegas. E este ano celebrámolo lembrando a figura de Francisco Fernández del Riego, historiador, ensaísta, xornalista, tradutor e novelista. Foi un dos principais impulsores da Editorial Galaxia nos anos 50.
v Curiosidades...
* Para ser elixida, a Real Academia Galega ten en conta dous requisitos:
1. Ser autor dunha obra relevante en galego.
2. Que pasaron 10 anos entre a súa morte e a designación para ese día.
* Non todos os autores homenaxeados naceron en Galicia. Un par de exemplos son os casos do rei Afonso X o Sabio, que naceu en Toledo, pero escribiu en galego-portugués.
v E quen será o seguinte homenaxead@?
Haberá que esperar un ano para sabelo, pero non para celebrar o Día das Letras Galegas, podemos celebralo todo o ano falando galego e lendo a nosa literatura.
Feliz día das Letras Galegas a tod@s vós!
O equipo de Voluntarios da Biblioteca foron polas titorías para presentarlle a todo o alumnado o Blog da Biblioteca e de Dinamización da Lin...